RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA, que descansa hoxe 31 e mañá 1, viaxa este luns a Tenerife para visitar o UD Granadilla

O Deportivo ABANCA ten descanso hoxe xoves 31 de decembro e mañá venres 1 de xaneiro antes de encarar a primeira cita ligueira de 2021, a visita ao UD Granadilla Egatesa Tenerife prevista para o martes 5 de xaneiro ás 12:00 (11:00 hora insular) no campo da Palmeira en San Isidro.

As branquiazuis volven ao traballo o sábado 2 de xaneiro ás 17:00 en Abegondo xa coa mente posta no choque ante o cadro tinerfeño, correspondente á 14ª xornada na Primera Iberdrola.

O plan de viaxe do Dépor ABANCA é o seguinte:

Luns 4 de xaneiro

12:25: Saída do voo de Santiago con destino ao Aeroporto de Tenerife Norte

14:05 (hora insular): Chegada aproximada a Santa Cruz de Tenerife e traslado ao hotel NH Tenerife

17:00 (hora insular, pendente de confirmación): Adestramento

Martes 5 de xaneiro

11:00 (hora insular, 12:00 na Coruña): UD Granadilla Tenerife Egatesa - Deportivo ABANCA, no campo da Palmeira en San Isidro

15:05 (hora insular): Saída do voo do Aeroporto de Tenerife con destino ao Aeroporto de Madrid - Adolfo Suárez

19:40: Saída do voo do Aeroporto de Madrid - Adolfo Suárez con destino ao Aeroporto da Coruña

21:00: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña