RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA, que non poderá contar con #ANOSAFORZA, tira de canteira para dobregar mañá ao CD Santa Teresa

O Deportivo ABANCA cítase mañá sábado 31 de outubro (13:00 horas) en Abegondo co CD Santa Teresa co firme propósito de obter a primeira vitoria desta temporada na Primera Iberdrola.

Manu Sánchez explicou en rolda de prensa que para este partido, correspondente á 4ª xornada na Primera Iberdrola, conta coas baixas de "Kenni, que ten uns problemas nos isquiotibiais; Carolina Arbeláez, que se lesionou o día ante o Espanyol cunha recuperación do nocello; Cris, que anda ás voltas con outra escordadura de nocello; e a baixa de Peke por enfermidade. Tranquilidade que non está illada e non ten nada que ver co tema do COVID", puntualizou.

Por este motivo, o técnico deportivista tira de canteira e citou a tres xogadoras do Dépor ABANCA B: María Calvo, Eva Dios e Tati.

En atención ás novas medidas das autoridades que limitan a mobilidade nas cidades galegas e outros municipios da área metropolitana coruñesa, o Real Club Deportivo tomou a determinación de que o partido se dispute a porta pechada.

O Club contactou persoalmente por correo electrónico co centenar de socios que dispuñan de invitación para o partido para comunicarlles que non poderán acudir ao encontro.

Unha auténtica mágoa porque o cadro branquiazul estaba ilusionado por poder contar con #ANOSAFORZA nas bancadas da Cidade Deportiva, tal e como explicaba Manu Sánchez antes de que se tomase a decisión de pechar as portas: "É importantísimo para nós porque o feito de poder sentir o alento, polo menos de 100 persoas, é fundamental. Foi fundamental en todo este proxecto. As futbolistas danlle moitísimo valor".

Finalizado o choque ante o CD Santa Teresa, o Dépor ABANCA regresa aos adestramentos o domingo 1 de novembro ás 10:00 en Abegondo.