RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor Abanca recibe mañá domingo en Arteixo ao sempre incómodo Atlántida Matamá

O Deportivo Abanca mídese ao Atlántida Matamá en Arteixo mañá domingo 2 de abril ás 16:00 horas, en partido pertencente á xornada 24 (antepenúltima) no Grupo 1º da Segunda División Nacional.

Para este encontro, os socios do Deportivo teñen libre acceso ao partido. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Nas deportivistas é baixa Tere Abelleira, concentrada en Portugal coa Selección Española Sub-17 no Torneo Elite do Campionato de Europa da categoría. A novidade é a presenza de Laura Doce, do Deportivo Abanca B.

Manu Sánchez, técnico deportivista, citou a estas xogadoras: Anita, Malena, Cris, Carmela, Laura Doce, Estefi, Miriam, Kika, Gabi, Nuria, Ari, Lía, María Corral, Miga, Patri e Noe.

A falta de tres xornadas, as deportivistas necesitan sumar os tres puntos ante un rival que foi capaz de derrotalas en Vigo na primeira volta (1-0). A xornada ademais pode ser moi favorable para o Deportivo Abanca, posto que o líder, Oviedo Moderno (61 puntos), visita ao Sporting de Gijón, terceiro clasificado con 50 puntos. O Deportivo Abanca é segundo na táboa con 56 puntos, co que un tropezón ovetense e unha vitoria branquiazul poría de novo a primeira praza no aire para os dous últimos partidos.