RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA recibirá ao CD Parquesol na primeira rolda de Copa da Raíña

O Dépor ABANCA enfrontarase ao CD Parquesol valisoletano na primeira eliminatoria da Copa da Raíña, cuxo sorteo se celebrou este mediodía na sede da Federación na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

A eliminatoria, a partido único, disputarase o martes 13, mércores 14 ou xoves 15 de setembro. Ao ser equipos da mesma división, o choque será na Cidade Deportiva branquiazul posto que a bóla do Dépor ABANCA saíu en primeiro lugar no sorteo.

Deportivo ABANCA e CD Parquesol enfrontáronse en tres ocasiones. A primeira foi un amigable de pretemporada, o 12 de setembro de 2020 en Bembibre (León), no que se impuxeron as coruñesas por 3-0. O pasado curso coincidiron por primeira vez oficialmente, no grupo Norte de Reto Iberdrola. Na 15ª xornada, o 22 de xaneiro de 2022 en Abegondo repetiuse o resultado de Bembibre. Na visita a Valladolid, o 23 de abril de 2022 con motivo da 25ª xornada, as valisoletanas venceron pola mínima grazas a un tanto de Marta Charle, agora futbolista do Dépor ABANCA.

Na pasada edición de Copa, o Deportivo ABANCA superou na primeira eliminatoria ao CF Pozuelo (1-9) e caeu en Abegondo ante o Granada CF (0-1) en segunda rolda.

Este é o resultado completo do sorteo da primeira eliminatoria da Copa da Raíña:

Málaga CF - Granada CF
Peluquería Mixta Friol - CD Pozoalbense Femenino
CE Europa - Zaragoza CF Femenino
Fundación Canaria CD Tenerife - CD Castellón
Club Bizkerre A - Alhama CF
CD Unión Viera - DUX Logroño
Real Sporting de Gijón - Córdoba CF
Real Unión de Tenerife Santa Cruz - Levante Las Planas FC
FF La Solana Quesos La Casota - Oviedo Moderno CF
Elche CF - CD Santa Teresa
CDF Osasuna Femenino - SE AEM
CD Pradejón - RCD Espanyol de Barcelona
CDE Racing Féminas - Cacereño Femenino
Deportivo ABANCA - CD Parquesol
CD Alba Fundación Femenino - CE Seagull
CD Femarguín - CD Juan Grande Ginelux