RCD / NOVAS

O Dépor Abanca recupera a Kika para visítar mañá domingo 26 ao CD Femiastur

25/03/2017 13:33

O Deportivo Abanca afronta a visita ao CD Femiastur, mañá domingo 26 de marzo (12:00 horas) no campo de La Toba de Avilés, coa venezolana Kika, ausente o pasado fin de semana por molestias musculares.

Será baixa Tere Abelleira, que está coa Selección Española Sub-17 para preparar o Torneo Elite do Campionato de Europa da categoría. Michelle, do Dépor Abanca B, a substitúe.

Manu Sánchez, técnico deportivista, citou a estas xogadoras: Anita, Malena, Cris, Carmela, Elvira, Estefi, Miriam, Kika, Gabi, Nuria, Ari, Lea, María Corral, Miga, Patri e Michelle.

O Deportivo Abanca é segundo na clasificación do grupo 1º de Segunda División Nacional con 53 puntos, a 5 puntos de distancia do líder, o Oviedo Moderno.