RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA recupera a senda da vitoria nun partido igualado (0-2)

Após a derrota da pasada fin de semana fronte ao Espanyol, o Dépor ABANCA afrontaba o dobre reto de recuperar a senda das vitorias e facelo nun novo enfrontamento a domicilio. Neste caso tocou visitar ao CD Pradejón rioxano con tres cambios no once inicial de Miguel Llorente: Cris por Patri, Carlota no posto de Jone Ibáñez, que adiantou a súa posición en detrimento de Ale Serrano e Aroa Guerra en lugar de Laura Fernández arriba. Un once que, por primeira vez na temporada, completou os 90 minutos de partido sen cambios.

Nos primeiros, o Dépor ABANCA non se atopou para nada cómodo, tendo grandes dificultades para exceder as liñas de presión locais. Ademais, fóronse sucedendo as ocasións en área de Ana Valles, algunha perigosa como unha perda en saída, primeira parada da gardameta asturiana a disparo de Adriana Parada e o rexeite volveu atopar remate por medio de Sobrón, detendo a porteira deportivista sobre a liña de gol. Entre o pau e Ana tamén neutralizaron o intento de Carmen Sobrón no 15 nun partido moi trabado no seu primeiro cuarto. No 23, peiteou Aroa o centro de Inés, María Ruiz rematou, pero anulárono por posición antirregulamentaria o que podería ser o primeiro tanto branquiazul. Tamén lle anularon un a Nerea Tellería por fóra de xogo. Antes, nunha contra á saída dun córner, Sobrón tentou elevar o balón por encima de Ana nun un contra un que gañou a porteira Deportivista. O terceiro balón que se coou nunha portería se valeu. No 38 Aroa, a pase de Sierra, anotou para o Dépor ABANCA pondo por diante ao equipo pese ao sufimiento para defender e atacar con soltura durante toda a primeira parte.

A segunda foi aínda máis igualada porque ningún dos dous equipos levou o mando como na primeira parte e a ambos custoulles xerar verdadeiras ocasións de perigo. Co encontro controlado, Miguel Llorente optou por dar continuidade ao once inicial mentres que o técnico rioxano fixo varios cambios para tratar de desequilibrar o encontro. Un tiro alto foi a aproximación máis destacada do Pradejón mentres que o Dépor ABANCA trataba, á contra, de pechar o partido. Púidoo lograr Aroa nun disparo cruzado por centímetros, pero non o perdoou Ainhoa, que recibiu un pase ao espazo para definir en xogada persoal e levar a tranquilidade e 3 novos puntos para o equipo após o parón do Nadal e as dúas xornadas consecutivas lonxe de Abegondo. Agora toca volver a casa para recibir o sábado ás 17:00 h. ao CD Parquesol.

CD Pradejón: Sheila Asensio, Nerea Tellería, Merche Izal, Irati Ezkurdia, Lida Alén, Carmen Sobrón, María Herce (Irene Yanguas, min. 60), Adriana Parada, Lesley Talom (Alaitz Núñez, min. 60), Andrea Galán (Laura Pérez, min. 70) e Silvia Ruiz

Dépor ABANCA: Ana Valles, Andrea Sierra, Inés Altamira, Raquel García, Cris Martínez, Paula Gutiérrez, Carlota Sánchez, Jone Ibáñez, Ainhoa Marín, María Ruiz e Aroa Guerra

Goles: 0-1 Aroa (min 38); 0-2 Ainhoa (min. 86)

Árbitro: Vélez Castelar (c. rioxano). Amoestou a Paula (min. 32), Cris (min. 55) e Israel Losa, adestrador local (min. 16)

Incidencias: partido da 14ª xornada de Reto Iberdrola disputado no Municipal de Pradejón (A Rioxa)