O Dépor ABANCA regresa ao traballo o martes en Abegondo
Finalizado o choque ligueiro ante o CD Tacón na Cidade Deportiva, o Deportivo ABANCA volve aos adestramentos o martes 29 de outubro ás 17:00 en Abegondo.
Mañá luns haberá xornada de descanso para as futbolistas branquiazuis.
A próxima cita ligueira está fixada para o domingo 3 de novembro (16:15) na Cidade Deportiva Wanda Alcalá de Henares ante o Atlético de Madrid, actual campión.