RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA regresa esta noite e adéstrase mañá ás 17:00 en Abegondo

16/02/2020 20:57

Finalizado o encontro na Cidade Deportiva do Rayo Vallecano, o Deportivo ABANCA emprende viaxe de novo por estrada á Coruña.

Manu Sánchez citou ás súas futbolistas mañá luns 17 de febreiro ás 17:00 en Abegondo para comezar a preparar a visita ligueira da Real Sociedad á Cidade Deportiva, prevista para este mércores 19 de febreiro ás 19:00 horas.

Este encontro corresponde á xornada 14 de Primeira Iberdrola, que debía disputarse o sábado 21 de decembro de 2019 en Abegondo e que foi aprazado polo temporal de vento que azoutou Galicia neses días.