RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA regresa por estrada e adéstrase mañá domingo, nada máis chegar a Abegondo

14/09/2019 18:46

Concluído o encontro na Cidade Deportiva Luis del Sol ante o Real Betis Féminas, o Deportivo ABANCA emprende viaxe de regreso por estrada a Abegondo.

Nada máis chegar á Cidade Deportiva branquiazul, e após o pertinente almorzo, Manu Sánchez dirixirá un adestramento que arrincará ás 09:30 (hora aproximada).

A próxima cita ligueira será o domingo 22 de setembro en Abegondo (12:00 horas) ante o UDG Granadilla Tenerife.