RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Dépor ABANCA saborea o título ligueiro nunha semana de Copa Galicia

O Deportivo ABANCA saborea esta semana o título ligueiro no grupo 1º de Segunda División Nacional conquistado onte en Vigo ante o Sárdoma CF, co consecuente pasaporte ao playoff de ascenso á Liga Iberdrola.

Hai parón ligueiro, pero a competición non para. A fin de semana toca disputar a 3ª xornada no grupo 1º da Copa Galicia de Segunda División Nacional, este domingo 7 de abril en Santiago fronte ao Victoria FC (16:00 horas, Santa Isabel).

Será baixa segura para o partido Teresa Abelleira, concentrada con España sub-19 no Mini Torneo Elite de Santiago de Compostela.

As deportivistas, após 2 partidos copeiros, lideran o grupo con 6 puntos. Segundo marcha o Atlántida de Matamá, con 3 puntos; mentres que Victoria FC e Sárdoma CF contan con 1 punto.

O equipo que prepara Manu Sánchez terá 4 adestramentos de preparación, todos eles en Abegondo pola tarde.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variacións por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 2 de abril
20:30: Adestramento en Abegondo

Mércores 3 de abril
20:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 4 de abril
20:30: Adestramento en Abegondo

Venres 5 de abril
19:00: Adestramento en Abegondo

Domingo 7 de abril
Copa Galicia de Segunda División Nacional, grupo 1, 3ª xornada, 16:00 horas: Victoria FC - Deportivo ABANCA, en Santa Isabel (Santiago de Compostela)