RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA superou ao Atlántida nun partido que rompeu cunha expulsión

O Deportivo ABANCA sumou esta tarde tres novos puntos no grupo 1º da Segunda División Nacional ao imporse (6-1) a un potente Atlántida de Matamá en Ponte dos Brozos (Arteixo). Gaby -2-, Lía, Peke, Teresa Abelleira e Miriam foron as goleadoras branquiazuis.

O encontro foi igualado ata que no minuto 40, o equipo vigués quedou con 10 xogadoras por expulsión de Natalia. A partir de aí, o dominio xa foi deportivista.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA suma 6 puntos de 6 posibles despois de dous partidos ligueiros disputados.

Deportivo ABANCA: Malena, Laura, Silvia Mérida, Patri, Cris, Teresa Abelleira, Iris, Lía, Peke, Gaby e Sara. Tamén xogaron: Kika, Estefi, Jone e Miriam.

O próximo fin de semana non haberá competición ligueira. No entanto, o Deportivo ABANCA disputará a primeira xornada da Primeira Fase da Copa Galicia, competición de recente creación na que participan todos os equipos galegos de Segunda División Nacional feminina. O primeiro rival das branquiazuis será a Peluquería Mixta Friol, en Arteixo, en día e hora por fixar.

Os resultados ata a data do Deportivo ABANCA en liga son os seguintes:

Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa Abelleira -3-, Kika -2-, Sara e Peke)
Deportivo ABANCA 6 (Gaby -2-, Lía, Peke, Teresa Abelleira e Miriam) - Atlántida de Matamá 1