RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA tómase unha fin de semana de descanso

Con parón na Primeira Iberdrola a consecuencia dos compromisos das seleccións nacionais, o Deportivo ABANCA tómase unha fin de semana de descanso.

Así pois, as xogadoras branquiazuis non terán actividade desde hoxe venres ao luns 11 de novembro, cando regresarán aos adestramentos ás 16:00 en Abegondo.

A seguinte cita ligueira será a visita do EDF Logroño á Cidade Deportiva, prevista para o domingo 17 de novembro ás 16:00 horas (GOL), en partido correspondente á 9ª xornada.