RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA viaxa co xusto ao choque de mañá en Valdebebas ante o CD Tacón

Sen apenas tempo para lamentacións tralo memorable partido copeiro do pasado mércores no Estadio Johan Cruyff de Barcelona; e co xusto, 16 xogadoras no canto de 18, o Deportivo ABANCA retorna á liga, competición na que se ten que centrar de aquí a final de temporada.

As branquiazuis visitan mañá domingo (12:00 horas, Cidade Deportiva de Valdebebas) ao CD Tacón, un equipo que nos próximos meses pasará a ser o Real Madrid e que esta temporada transita pola zona media da clasificación.

Manu Sánchez tivo traballo nestas dúas últimas sesións para recuperar física e mentalmente ao seu cadro. Precisamente o esforzo de Barcelona pasou factura a Athenea del Castillo, que será baixa en Valdebebas por unha lesión muscular. A atacante branquiazul únese ás xa confirmadas de Laura Vázquez e Alba Merino.

O Deportivo ABANCA viaxa esta tarde a Madrid, segundo este plan de viaxe:

Sábado 29 de febreiro

16:20: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Madrid-Adolfo Suárez
17:30 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Madrid-Adolfo Suárez e aloxamento no Hotel AC San Sebastián de los Reyes

Domingo 1 de marzo
12:00: CD Tacón - Deportivo ABANCA, en Valdebebas
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña

O próximo adestramento en Abegondo será o martes 3 de marzo ás 17:00 horas.