RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA viaxa este sábado a Las Palmas e regresa o luns 20 de maio á Coruña

14/05/2019 12:34

O Deportivo ABANCA desprázase este sábado 18 de maio a Las Palmas de Gran Canaria, vía Barcelona, para medirse o domingo 19 de maio (11:00 hora local, 12:00 na Península Ibérica) ao CD Femarguín, no partido de volta de de a segunda eliminatoria do playoff de ascenso á Liga Iberdrola.

O regreso será o luns 20 tralo encontro en Arguineguín. A chegada do conxunto branquiazul está prevista ás 14:05 horas ao Aeroporto da Coruña.

O plan de viaxe é o seguinte:

Sábado 18 de maio
7.00: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Barcelona
12:10: Saída do voo de Barcelona con destino Las Palmas de Gran Canaria
14:10 (hora local): Chegada e aloxamento no hotel Barceló Occidental Margaritas en Las Palmas de Gran Canaria

Domingo 19 de maio
11:00 (hora local, 12:00 na Península): CD Femarguín - Deportivo ABANCA, no Municipal de Arguineguín

Luns 20 de maio
5:50 (hora local): Saída do voo de Las Palmas de Gran Canaria con destino ao Aeroporto de Sevilla
12:35: Saída do voo de Sevilla con destino ao Aeroporto da Coruña
14:05: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña