RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA viaxa este sábado a Madrid para render visita o domingo ao Atlético de Madrid Femenino

30/10/2019 13:00

O Deportivo ABANCA desprázase este sábado 2 de novembro por estrada a Madrid para visitar o domingo 3 de novembro ao Atlético de Madrid Femenino (16:15 horas, Gol) na Ciudad Deportiva Wanda Alcalá de Henares, nun dos partidos marcados en vermello no calendario deportivista pola entidade do rival.

O regreso á Coruña da expedición deportivista será, tamén por estrada, tralo encontro ante as colchoneiras.

O plan de viaxe do Deportivo ABANCA é o seguinte:

Sábado 2 de novembro
10:30: Adestramento en Abegondo
12:15 (horario aproximado): Saída en autocar a Madrid, con parada para comer en La Bañeza
19:30 (horario aproximado): Chegada ao hotel AC Alcalá de Henares

Domingo 3 de novembro
16:15: Atlético de Madrid Femenino - Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva Wanda Alcalá de Henares
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña