RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA viaxa este venres 10 de xaneiro a Barcelona para visitar ao RCD Espanyol

08/01/2020 20:55

O Deportivo ABANCA desprázase este venres 10 de xaneiro a Barcelona para visitar o sábado 11 (13:00 horas) ao RCD Espanyol na Ciudad Deportiva Dani Jarque, en partido correspondente á 16ª xornada na Primeira Iberdrola.

O regreso do equipo branquiazul será o sábado pola tarde en voo directo ao Aeroporto da Coruña.

O plan de viaxe é o seguinte:

Venres 10 de xaneiro
10:30: Adestramento en Abegondo
18:10: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Barcelona
19:50 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Barcelona e aloxamento no hotel NH Cornellá

Sábado 11 de xaneiro
13:00: RCD Espanyol - Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva Dani Jarque
20:00: Saída do voo de Barcelona con destino ao Aeroporto da Coruña
21:45 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto da Coruña