RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA viaxa o sábado pola mañá a Madrid e adéstrase pola tarde en Valdebebas

O Dépor ABANCA desprázase este sábado 15 de febreiro por estrada á primeira hora da mañá a Madrid para visitar ao Rayo Vallecano, en choque previsto para o domingo 16 de febreiro (18:30 horas, Ciudad Deportiva del Rayo Vallecano) correspondente á 20ª xornada na Primera Iberdrola.

Pola tarde, ás 18:30, o equipo adestrarase na Ciudad Deportiva del Real Madrid en Valdebebas, na última sesión previa ao choque ante as vallecanas.

O regreso á Coruña do Deportivo ABANCA será tamén por estrada nada máis concluír o encontro ante o Rayo Vallecano.

O plan de viaxe do Dépor ABANCA é o seguinte:

Sábado 15 de febreiro
9:00: Saída en autocar a Madrid e comida en ruta
16:30 (horario aproximado): Chegada ao hotel AC Coslada
18:30: Adestramento na Ciudad Deportiva del Real Madrid en Valdebebas

Domingo 16 de xaneiro
18:30: Rayo Vallecano - Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva del Rayo Vallecano
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña