RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Fixado un segundo partido copeiro esta semana para o Dépor ABANCA

O Deportivo ABANCA, co seu gran obxectivo cumprido, céntrase xa na Copa Galicia desta fin de semana.

Club e afeccionados festexaron como se merece estes días o ascenso á Liga Iberdrola pero mañá xoves, o equipo volve aos adestramentos e tentarase centrar de novo na competición.

O conxunto branquiazul retoma a Copa Galicia con dobre choque: o venres 24 de maio en Vigo ante o Sárdoma CF (20:00 horas), en partido correspondente á 4ª xornada no grupo 1º; e o sábado 25 en Abegondo, con entrada libre para os afeccionados, ante o Victoria FC de Santiago (18:00 horas), en partido correspondente á 6ª xornada.

O Dépor ABANCA é líder do grupo con 9 puntos nos seus tres partidos xogados. O Atlántida de Matamá tamén ten 9 puntos, aínda que con 2 partidos máis disputados. Con 7 puntos é terceiro o Sárdoma CF, tamén con 2 partidos máis xogados que as pupilas de Manu Sánchez.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Xoves 23 de maio
20:30: Adestramento en Abegondo

Venres 24 de maio
20:00 horas, Copa Galicia de Segunda División, 4ª xornada: Sárdoma CF - Deportivo ABANCA, no campo das Relfas (Vigo)

Sábado 25 de maio
18:00 horas, Copa Galicia de Segunda División, 6ª xornada: Deportivo ABANCA - Victoria FC, en Abegondo