RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA volve mañá luns 2 de xaneiro ao traballo co CD Alba Fundación Femenino no horizonte

O Dépor ABANCA retoma os adestramentos mañá luns 2 de xaneiro de 2023 ás 17:00 na Cidade Deportiva para comezar a preparar xa a primeira cita do ano, o sábado 7 en Abegondo ás 12:00 ante o CD Alba Fundación Femenino, en partido correspondente á 14ª xornada en Primera Federación FutFem.

As branquiazuis marchan en 2ª posición da táboa con 25 puntos, a 1 punto do SD Eibar, líder agora con 26.

Irene Ferreras dispuxo catro sesións en Abegondo. Cada día que haxa traballo matinal, As Nosas deben presentarse na instalación ás 8:30 para realizar antes actividades complementarias previas a saltar ao céspede, como vídeo ou ximnasio.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 2 de xaneiro
17:00 h.

Martes 3 de xaneiro
10:00 h.

Mércores 4 de xaneiro
Descanso

Xoves 5 de xaneiro
10:00 h.

Venres 6 de xaneiro
10:00 h.

Sábado 7 de xaneiro
12:00: Deportivo ABANCA - CD Alba Fundación Femenino, en Abegondo