RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor abre a liga en Primera Federación con dous partidos consecutivos en ABANCA-RIAZOR

O Deportivo comezará a temporada en ABANCA-RIAZOR a última fin de semana de agosto ante o DUX Internacional de Madrid. Será o primeiro dos dous partidos seguidos en casa, posto que á semana seguinte, o equipo branquiazul recibe ao RB Linense.

O primeiro partido lonxe da Coruña será en Mérida a fin de semana do 10 ou 11 de setembro. Sete días máis tarde terá lugar o primeiro duelo ante equipos galegos, coa visita do Pontevedra CF a ABANCA-RIAZOR (xornada 4ª).

O Dépor pechará 2022 o 17 ou 18 de decembro en Ceuta (xornada 18ª) e abrirá 2023 o 8 de xaneiro en ABANCA-RIAZOR fronte ao Unionistas de Salamanca CF.

A última fin de semana de maio, 27 ou 28, concluirá a liga regular en Pasarón contra o Pontevedra CF.

"Non fixen unha análise moi profunda. Coñezo os dous primeiros partidos. Xogar en ABANCA-RIAZOR benvido sexa. Hai que ver os cadros que vai construíndo cada equipo. Como todos partimos de cero non sabemos quen poden ser mellores ou peores. O grupo vai ser moito máis difícil polos equipos que hai dentro do noso grupo, polo desembolso que se está facendo na categoría en xeral. Empezar en casa sempre é positivo. Sempre que me dean a elixir prefiro empezar en casa e coa miña xente", recalcou ante os medios de comunicación Borja Jiménez.

Ao recuperarse o playoff de ascenso a ida e volta, as datas elixidas son 4 e 11 de xuño para as semifinais; e 18 e 25 de xuño para as finais.

A eliminatoria entre os campións dos dous grupos, xa ascendidos a Segunda División, co obxecto de dirimir o campión da categoría será tamén a ida e volta o 4 e 11 de xuño.

Aquí podes coñecer o calendario completo de Primera Federación.

Descargar o calendario do Dépor 2223 en alta resolución.