RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor abre e pecha a liga en ABANCA-RIAZOR ante RC Celta B e Unionistas de Salamanca respectivamente

A Real Federación Española de Fútbol realizou esta mañá o sorteo do calendario do grupo no que milita o RC Deportivo na Primera RFEF.

O conxunto deportivista arranca a liga o próximo 29 de agosto en ABANCA-RIAZOR ante o RC Celta B e a concluirá tamén en casa ante o Unionistas de Salamanca CF o 29 de maio de 2022.

A primeira saída do Deportivo será o 5 de setembro, con motivo da segunda xornada, ante o CD Tudelano SAD. A terceira tamén será lonxe de ABANCA-RIAZOR, concretamente o 12 de setembro en Calahorra.

A competición xogarase sen descanso cada fin de semana até o 19 de decembro, que terá lugar a última xornada (número 17) do ano 2021; na que o Dépor visitará á CyD Leonesa SAD.

Tralo parón do Nadal, a liga retómase o 9 de xaneiro de 2022 en ABANCA-RIAZOR ante o CF Talavera de la Reina. Non haberá liga o 16 de xaneiro pola disputa da Supercopa de España e tan só haberá unha xornada intersemanal, a do mércores 26 de xaneiro, coa visita ao Zamora CF.

A competición finaliza o 29 de maio co citado encontro ante o Unionistas de Salamanca CF despois de 38 xornadas e xa no mes de xuño xogaranse os playoff de ascenso a Segunda División.