RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor acapara todos os premios do Torneo do ASC Hazebrouck en Francia

Un equipo infantil do Deportivo acaparou todos os premios do torneo organizado polo ASC Hazebrouck na localidade de Hazebrouck (Francia).

Así, o conxunto branquiazul dirixido por José Manuel Arrojo 'Noni' foi o brillante campión. Pero ademais, Carlos foi nomeado mellor xogador; e David Domínguez, o pichichi da competición.

O Infantil deportivista tamén foi o equipo máis goleador, o menos goleado, e o vencedor do trofeo ao 'fair play'.

Os seus resultados foron os seguintes:

Sábado 9 de xuño

Primeira Fase
DEPORTIVO 6 (Domínguez -2-, Mella, Carlos, Sierra e Marcote) - ASC HAZEBROUCK 0
DEPORTIVO 7 (Yago -3-, Mella, Domínguez, Carreira e Marcote) - LAARBEEK UNITED 0
DEPORTIVO 1 (Carlos) - SC HAZEBROUCK 0

Domingo 10 de xuño

Cuartos de final
DEPORTIVO 4 (Domínguez, Carlos, Yago e Mella) - STADE BETHUNOIS FC 0
Semifinal
DEPORTIVO 5 (Dani, Mella, Domínguez, Gabri e Manu) - PSG ACADEMY 0
Final
DEPORTIVO 4 (Mella, Carlos, Domínguez e Sierra) - A CAMILLIENNE 0