RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor acelera o ritmo a un mes do inicio ligueiro en ABANCA-RIAZOR

O Deportivo realizou esta mañá unha única sesión de adestramento marcada pola súa alta intensidade.

Fernando Vázquez acelera o ritmo co inicio ligueiro a un mes, ante o Salamanca CF en ABANCA-RIAZOR; e xusto antes de arrincar unha serie de partidos amigables.

Após un quecemento con rondos, o técnico branquiazul dispuxo dun circuíto de forza, un exercicio de finalizacións e, para concluír, fútbol a metade do campo 3, en espazo reducido.

Adestráronse á marxe do grupo Lucho García e Borja Galán. Ademais, Celso Borges, Uche, Vicente e Fede Cartabia, con permiso, non pasaron pola Cidade Deportiva.

Mañá venres 18 de setembro está previsto dobre quenda en Abegondo: 10:00 e 18:00 horas.