O Dépor adéstrase mañá domingo ás 11:00 en Abegondo
Confirmado o pase ao playoff de ascenso a LaLiga Santander, o Deportivo adestrarase de novo mañá domingo ás 11:00 horas en Abegondo.
Será unha sesión de recuperación para os titulares esta noite ante o Córdoba CF; e máis intensa para o resto do cadro.
O Dépor enfrontarase ao Málaga CF este mércores 12 de xuño (21:00 horas, Movistar Partidazo) en ABANCA-RIAZOR, en partido correspondente á ida da primeira eliminatoria de ascenso.