RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor adestrouse esta mañá co cadro dividido en dous grupos

Natxo González, técnico deportivista, dividiu esta mañá ao seu cadro en dous grupos.

Para arrancar, todos os futbolistas, incluídos os fabrilistas Diego Caballo e Uxío, realizaron un traballo preventivo nun dos campos de fútbol 7.

A continuación, os xogadores con máis minutos sobre o céspede onte no Anxo Carro de Lugo tiveron tarefas de recuperación, con ximnasio e masaxe: Dani Giménez, David Simón, Bóveda, Edu Expósito, Domingos Duarte, Celso Borges, Pedro Sánchez e Quique González.

Para o resto houbo ademais un circuíto físico con finalizacións e, para concluír, fútbol en espazo reducido.

Adestráronse á marxe do grupo Christian Santos, Álex Cobo e Bicho.

Mañá venres, o cadro está citado de novo en Abegondo ás 10:30 horas.