RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor adestrouse esta mañá en dous grupos

O Deportivo adestrouse esta mañá en Abegondo en dous grupos. Os titulares onte pola tarde en ABANCA-RIAZOR ante o Real Oviedo, con Borja Galán e Diego Caballo fóra do grupo, tiveron tarefas de recuperación, con rondos, carreira e estiramentos.

Para os demais, a sesión foi de alta intensidade, cun traballo de posesión, un exercicio de finalizacións e fútbol en espazo reducido para concluír.

Boian, David Sánchez, Gandoy e Aarón foron os fabrilistas que hoxe estiveron ás ordes de Anquela.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O equipo regresa aos adestramentos o mércores 21 de agosto ás 10:00 horas en Abegondo.