RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor adestrouse esta mañá entre o ximnasio e o céspede de Abegondo

O Deportivo, con só a ausencia de Somma, alternou esta mañá o ximnasio e o céspede da Cidade Deportiva.

A sesión arrancou con charla de Fernando Vázquez e cun circuíto de core no ximnasio do vestiario, dirixido polo preparador físico Manuel Pombo.

Xa sobre o céspede, após un quecemento e rondos, o técnico deportivista dispuxo dun exercicio de fútbol con porterías pequenas.

Unha tarefa de centros e remates puxo fin ao adestramento no campo, hoxe ademais cos canteiráns Mujaid, Juan Rodríguez e Boian.

Mañá venres, o primeiro cadro adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30, con almorzo previo ás 9:30 horas. Será a última sesión antes de visitar á UD Almería, este sábado 7 de marzo no Estadio de los Juegos Mediterráneos (21:00 horas, Gol).