RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor afánase en "corrixir erros que houbo e tentar seguir facendo as cousas que fixemos ben"

O Dépor completou esta mañá unha nova sesión de adestramento no campo 3 de Abegondo. Rubén Díez, en rolda de prensa, subliñou que o equipo prepara o partido en Fuenlabrada deste domingo 27 de novembro ás 17:00 (InSports.tv), correspondente á 13ª xornada no grupo 1º de Primera Federación, "que vai ser moi complicado sobre todo ao xogalo fóra de ABANCA-RIAZOR".

Óscar Cano dispuxo hoxe, após un quecemento con roda de pases, un exercicio táctico ofensivo con finalizacións, unha tarefa defensiva e fútbol en espazo reducido para concluír.

Rubén explicou aos medios que o equipo se esmera en "corrixir erros que houbo e tentar seguir facendo as cousas que fixemos ben (ante a Cultural Leonesa), que ao meu parecer foron moitas. Merecemos moito máis do que tivemos".

Están con traballo individualizado Villares e Borja Granero; ademais hoxe de Isi Gómez e Rubén Díez. Nestes dous últimos casos débese a un control da súa carga de traballo para que ambos os futbolistas cheguen nas mellores condicións ao partido do Estadio Fernando Torres.

Raúl Carnero e Pablo Martínez tamén regresaron aos vestiarios sen realizar a última tarefa, de alta intensidade.

Dani Barcia, Brais Val e Jairo foron esta mañá a representación de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres, o primeiro equipo masculino adestrarase de novo a partir das 10:30 en Abegondo.