RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor afánase esta mañá no traballo defensivo

Luis César fixo especial fincapé esta mañá no traballo táctico defensivo cunha serie de exercicios no campo 2 da Cidade Deportiva.

Tanto o técnico como os xogadores, nas súas últimas comparecencias públicas, inciden en que o camiño a seguir é o que arrancou co Alcorcón, encontro que finalizou coa portería a cero, do mesmo xeito que o do pasado domingo en Lugo.

Sen ir máis lonxe, hoxe Dani Giménez subliñou na sala de prensa que "demos un paso adiante tralo partido ante o Extremadura nesa solidariedade co compañeiro. Cando alguén falla sempre está a xente apoiando e tratando de corrixir".

Un partido 11 contra 11 no campo 2 puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Beto da Silva e Salva Ruiz realizaron unha parte da sesión co equipo; e tan só David Simón e Christian Santos estiveron toda a mañá á marxe do grupo.

Os fabrilistas Mujaid, Gandoy, Martí Vilà, Iago Parga e Boian adestráronse hoxe co primeiro equipo.

Mañá venres 6 de decembro, o Dépor saltará ao céspede de Abegondo ás 11:00 horas. Os futbolistas están citados ás 9:30 na Cidade Deportiva para almorzar e realizar tarefas individuais de ximnasio.