RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor afronta a visita a Anoeta con todos os futbolistas dispoñibles e o fabrilista Edu

O Deportivo afronta a visita á Real Sociedad do domingo en Anoeta (12:00, Bein Sports) con todos os futbolistas dispoñibles. Quedan na Coruña os sancionados Guilherme, Carles Gil e Arribas e o lesionado Pedro Mosquera. A novidade é a presenza do fabrilista Edu, que entra por segunda vez nunha convocatoria do primeiro equipo, tal e como sucedeu no último desprazamento a Sevilla.

Esta mañá, con só Pedro Mosquera á marxe do grupo, un partido once para once no campo 2 foi a tarefa fundamental. Como é habitual, Pepe Mel impartiu constantes instrucións aos seus xogadores e ordenou repetir accións a balón parado (saques de esquina, faltas...). Un exercicio de fútbol en espazo reducido puxo o punto final ao traballo sobre o céspede.

Os futbolistas convocados desprázanse esta tarde a San Sebastián, segundo esta folla de ruta:

Sábado 22 abril

17:30: Saída do voo chárter do Aeroporto da Coruña con destino San Sebastián
19:00: Chegada aproximada a San Sebastián e aloxamento no Hotel NH Aranzazu

Domingo 23 de abril

12:00: Real Sociedad - Deportivo, en Anoeta
Ao finalizar, comida no hotel NH Aranzazu
17:00: Saída do voo chárter do Aeroporto de San Sebastián con destino ao Aeroporto da Coruña
18:20: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña