RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor afronta con todos os dispoñibles o debut ligueiro de mañá en ABANCA-RIAZOR ante o Salamanca CF UDS

O Deportivo encara con todos os seus xogadores dispoñibles, un total de 19 máis o fabrilista Adri Castro, visítaa mañá domingo do Salamanca CF UDS (19:00 horas, TVG-2 e www.crtvg.gal) a ABANCA-RIAZOR no inicio ligueiro no subgrupo A do grupo 1º de Segunda División B.

Caen de maneira obrigatoria por lesión Héctor, con molestias na musculatura aductora da súa perna dereita, pendente de evolución; ademais de Diego Rolan, de viaxe a Uruguai.

Os futbolistas convocados teñen que estar en ABANCA-RIAZOR ás 17:40 horas.

Fernando Vázquez arranca a temporada sancionado, arrastrando o castigo da pasada campaña en Segunda División. Confesa estar "encabuxado" e "seguir encabuxado" por este motivo: "Esperaba unha posible amnistía por parte do Presidente da Federación Española ao ser reelixido. Esperábao pero parece ser que había problemas xurídicos". Así pois, mañá en ABANCA-RIAZOR, o adestrador branquiazul quere "estar preto do banco".

Hoxe, na última sesión antes do partido, Fernando Vázquez dispuxo un quecemento con rondos, unha tarefa de posesión e traballo táctico para concluír.

Finalizado o encontro ante o Salamanca CF UDS, o cadro branquiazul regresa aos adestramentos o luns 19 de outubro ás 10:30 en Abegondo.