RCD / NOVAS

O Dépor afronta o duelo ante o Barça con todos os seus xogadores dispoñibles

11/03/2017 13:12

O Deportivo recibe o domingo 12 de marzo ao Barça (16:15, Bein Sports) cos 19 futbolistas dispoñibles (incluídos o tres porteiros). Quedan fóra da convocatoria os lesionados Guilherme e Sidnei así como os sancionados Mosquera e Andone.

O adestramento do sábado, cos fabrilistas Nacho Monsalve e Edu, consistiu nuns rondos, remates a portaría e un partido once para once, con Pepe Mel dando continuas instrucións aos seus xogadores.

Os convocados concentraranse esta noite no Hotel Meliá María Pita, á espera do partido.