RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor afronta o partido ante o CF Reus con 18 futbolistas

Tralo adestramento desta mañá a porta pechada, Natxo González citou a 18 futbolistas para medirse mañá sábado 27 de outubro ao CF Reus (16:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV) no Estadio ABANCA-RIAZOR, en partido correspondente á 11ª xornada en LaLiga 1|2|3.

Quedan fóra da convocatoria de maneira obrigada os lesionados Fede Cartabia, Krohn-Dehli e Dubarbier; ademais dos sancionados Borja Valle e Pablo Marí.

No adestramento desta mañá, despois dun quecemento e un exercicio de finalizacións, os futbolistas realizaron un exercicio táctico e un ensaio de accións de estratexia, centrado hoxe nas faltas en ataque.

A boa noticia protagonizouna Fede Cartabia, que realizou algunha tarefa co grupo.

Un partido en espazo reducido, de alta intensidade, completou 120 minutos sobre o céspede de ABANCA-RIAZOR.

Os convocados concéntranse esta noite no Hotel Meliá María Pita. Despois do encontro ante o CF Reus, o cadro está citado de novo para adestrar o domingo 28 de outubro ás 11:00 horas en Abegondo.