RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor arranca a semana de traballo con Isi Gómez no grupo

O Dépor regresou aos adestramentos hoxe mércores, nun fría pero asollada mañá en Abegondo, despois da xornada de descanso de onte martes.

A novidade na sesión desta mañá foi a presenza co grupo de Isi Gómez, cunha protección na súa man dereita. O centrocampista madrileño completou con normalidade todo o traballo e está á espera do visto e prace dos Servizos Médicos para competir.

O central andaluz Pepe Sánchez estreouse en Abegondo, posto que o seu primeiro adestramento e único até hoxe co Dépor foi o pasado sábado en Cádiz; mentres que Arturo, após pechar a súa fichaxe onte a última hora, no último día de mercado invernal, ten previsto incorporarse este venres, na sesión prevista en ABANCA-RIAZOR ás 10:30.

Con só Raúl Carnero con traballo personalizado, o carrilero zurdo deportivista Iano Simão foi o representante hoxe de #ANOSACANTEIRA.

Óscar Cano, após un quecemento con rondos, dispuxo unha primeira tarefa táctica defensiva e fútbol reducido, de alta intensidade, para concluír.

Mañá xoves, Os Nosos volven a Abegondo ás 9:00 para saltar ao céspede a partir das 10:30 horas.

A próxima cita en Primera Federación será este sábado 4 de febreiro ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e InSports.tv) ante o AD Mérida, en partido correspondente á 22ª xornada.