RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor arranca unha semana sen competición cunha esixente sesión de forza e intensidade

O Deportivo arrancou hoxe mércores 12 de xaneiro unha semana sen fútbol de competición, posto que a seguinte cita ligueira será o domingo 23 de xaneiro ás 12:00 no campo Municipal de Villaviciosa de Odón ante o DUX Internacional de Madrid.

A pesar diso, o corpo técnico que dirixen Borja Jiménez e Álex Martínez dispuxo unha esixente sesión de traballo na Cidade Deportiva.

A mañá comezou na sala de vídeo como adoita ser habitual a principios de cada semana. Xa sobre o céspede, e após realizar o 'regulamentario' corredor de labazadas a Noel e Trilli, convocados onte pola selección española sub-19 para uns adestramentos a próxima semana, o corpo técnico aumentou o ritmo de traballo cun quecemento, un circuíto de forza con finalizacións, rondos, un partido a tres cuartas partes do campo 2 e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Unicamente Héctor realizou hoxe adestramento individualizado; mentres que Brais Suárez, Alberto, Yeremay e os citados Noel e Trilli foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves 13 de xaneiro, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas.