RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor arrinca a semana final cun adestramento en dous grupos

O Deportivo comezou esta mañá a preparar o partido de ida da final polo ascenso a LaLiga Santander, este xoves 20 de xuño en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Movistar Partidazo) ante o Real Mallorca.

José Luis Martí dividiu ao cadro en dous grupos. Os titulares en Málaga o pasado sábado tiveron tarefas de recuperación e saltaron ao céspede en zapatillas só para realizar carreira continua. De regreso ao vestiario pasáronse polo ximnasio e pola zona de fisioterapia do complexo.

O resto de futbolistas, após un quecemento, realizou unha tarefa de posesión, un exercicio de transicións con remates a portería e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Hoxe realizaron un adestramento específico Pablo Marí, Krohn-Dehli e Vítor Silva; mentres que os fabrilistas Mujaid, Víctor, Valín, Gandoy, Gaizka, Álex Cobo e a meta xuvenil Alberto estiveron hoxe ás ordes de José Luis Martí.

Mañá martes, o Dépor vólvese a adestrar en Abegondo a partir das 11:00 horas.