RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor arrinca e pecha a liga en ABANCA-RIAZOR ante Oviedo e Fuenlabrada respectivamente

A Real Federación Española de Fútbol acolleu esta tarde o sorteo do Calendario da Temporada 2019-2020 para LaLiga 1|2|3 na que participará o Real Club Deportivo.

O sorteo deparou un Dépor-Real Oviedo en ABANCA-RIAZOR na primeira xornada, a fin de semana do 17 e 18 de agosto. Os pupilos de Anquela estrearanse como visitantes na segunda xornada en Huesca (24 ou 25 de agosto); e á semana seguinte (31 de agosto ou 1 de setembro) visitarán ao Rayo Vallecano.

Após o cadro carbayón, os seguintes equipos en pasar por ABANCA-RIAZOR serán o Albacete Balompié (8 de setembro, xornada 4), o CD Numancia (18 de setembro, xornada 6) e o CD Mirandés (29 de setembro, xornada 8).

O partido de rivalidade galega ante o CD Lugo será o 1 de decembro no Anxo Carro e o 1 de marzo de 2020 en ABANCA-RIAZOR.

O Dépor-CF Fuenlabrada será o peche da competición na Coruña, o 23 ou 24 de maio.

A diferenza da campaña pasada, nesta ocasión haberá 3 partidos entre semana: o 18 de setembro en ABANCA-RIAZOR ante o CD Numancia (xornada 6), o 2 de outubro en Girona (xornada 9) e o 15 de xaneiro de 2020 ante o Real Racing Club na Coruña (xornada 23).

As 42 xornadas poden consultarse na gráfica que encabeza esta noticia ou nesta ligazón de LaLiga.