RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor arrinca hoxe luns con adestramentos en 3 grupos, mañá e tarde

Frenético arranque de semana para o primeiro cadro do Deportivo, con traballo hoxe luns mañá e tarde.

Tal e como permite o protocolo de LaLiga de regreso aos adestramentos na súa Fase 3, Fernando Vázquez dividiu ao seu cadro en 3 quendas, até un máximo de 10 xogadores por grupo, que estará integrado polos mesmos futbolistas até o cambio de fase.

Pola mañá, os horarios foron: 09:30, 10:40 e 11:45; mentres que pola tarde 17:30, 18:30 e 19:30 horas.

Do mesmo xeito que na Fase 2, aínda non está permitido o uso dos vestiarios da instalación branquiazul.

Na sesión matinal, após un quecemento, o técnico deportivista dispuxo para todos os grupos de tarefas técnicas con balón, incluído roldo e finalizacións, e un circuíto de forza supervisado por Manuel Pombo e o readaptador Fran Molano.

Pola tarde, o adestramento é técnico-táctico e físico, con carreira.

Ademais de Somma, o único futbolista que continúa á marxe do grupo é Eneko Bóveda, que continúa co seu proceso de recuperación da lesión muscular sufrida a semana pasada no bíceps femoral da súa perna dereita.