RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor arrincou hoxe cunha sesión post-partido unha semana con dúas citas ligueiras en ABANCA-RIAZOR

Sen tempo para descanso "nin para lamentacións", tal e como subliñou onte Diego Villares na zona mixta de ABANCA-Balaídos, o Dépor regresou esta mañá aos adestramentos en Abegondo coa mente posta na inminente próxima xornada, este mércores 28 de setembro ás 20:00 horas en ABANCA-RIAZOR (InSports.tv e TVG-2) ante o CF Talavera de la Reina.

O partido corresponde á 1ª xornada do grupo 1º de Primeira Federación que foi aprazado no seu día xa que nun principio o Dépor tiña como rival ao DUX Internacional de Madrid, excluído da competición poucos días despois.

Borja Jiménez mantivo esta mañá a rutina habitual despois de cada partido, con dous grupos de traballo.

Os titulares onte en ABANCA-Balaídos realizaron tarefas de recuperación, con carreira continua, estiramentos e fut-voley no céspede; e ximnasio e fisioterapia no vestiario.

Para os demais futbolistas, o corpo técnico deseñou unha mañá de alta intensidade, cun quecemento, un exercicio de posición, fútbol en espazo reducido e unha última tarefa de finalizacións.

Borja Granero realizou todo o traballo co grupo e continúa dando pasos para a súa definitiva recuperación.

Mañá luns, o equipo, xa todo xunto, comezará a preparar o choque do mércores en ABANCA-RIAZOR.

Será o de mañá o primeiro do seis adestramentos esta semana ademais dos partidos ante o CF Talavera de la Reina e ante o San Fernando CD, este o domingo 2 de outubro, tamén na Coruña, ás 19:00 horas.

Todas as sesións de traballo serán matinais salvo a do sábado 1 de outubro, que se desenvolverá a partir das 18:00 horas en ABANCA-RIAZOR.

Cada vez que haxa actividade matinal na Cidade Deportiva, os futbolistas almorzarán xuntos a partir das 09:00 horas no comedor da instalación.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 26 de setembro
10:30 h., Abegondo

Martes 27 de setembro
10:30 h., Abegondo

Mércores 28 de setembro
10:30 h., ABANCA-RIAZOR
20:00: Deportivo - CF Talavera de la Reina, en ABANCA-RIAZOR

Xoves 29 de setembro
10:30 h., Abegondo

Venres 30 de setembro
10:30 h., Abegondo

Sábado 1 de outubro
18:00 h., ABANCA-RIAZOR

Domingo 2 de outubro
19:00: Deportivo - San Fernando CD, en ABANCA-RIAZOR