RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor aumenta a carga e intensidade na única sesión prevista para hoxe martes

O Deportivo aumentou a carga de traballo na única sesión de adestramento prevista para hoxe martes 29 de setembro.

Por conseguinte, Fernando Vázquez alternou tarefas físicas e técnico-tácticas durante os 105 minutos que durou o adestramento sobre o céspede.

Os futbolistas comezaron cun quecemento e rondos. A continuación houbo unha tarefa de finalizacións, un circuíto de forza coordinado polo preparador físico Manuel Pombo; e, para concluír, xa baixo a supervisión de Fernando Vázquez, traballo táctico e un partido no campo 3.

Uche Agbo realizou tarefas co grupo e á marxe co readaptador do cadro, Fran Molano. Tamén tiveron adestramento específico Borja Galán, Claudio Beauvue e Rui Costa.

O meta canteirán Alberto adestrouse co Fabril esta mañá e outro dos fabrilistas, Javi Sanmartín, retirouse aos vestiarios durante a sesión, a consecuencia dunhas molestias na coxa dereita, pendente de probas médicas.

Mañá mércores 30 de setembro será un día intenso para o cadro: adestramento pola mañá en Abegondo (10:00 horas) e partido en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada, ante o CSD Arzúa (18:00 horas).