RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor axusta a engrenaxe ofensiva

O Deportivo fixo esta mañá, no adestramento diario, especial fincapé nos mecanismos ofensivos.

Natxo González quere máxima efectividade de cara ao choque deste sábado 8 de decembro en ABANCA-RIAZOR (13:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV) ante o CD Numancia, correspondente á 17ª xornada en LaLiga 1|2|3.

Após pasar pola sala de vídeo, o equipo, hoxe ademais coa meta fabrilista Álex Cobo, realizou un circuíto físico con centros á área; e unha tarefa de posesión con finalización.

Quedou no vestiario Fede Cartabia; e adestráronse co readaptador Fran Molano: Pedro Sánchez, Carlos Fernández e Somma, este con unhas molestias nun xemelgo, pendente de evolución nos próximos días.

Mañá xoves, o Dépor saltará de novo ao céspede da Cidade Deportiva a partir das 11:00 h.