RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor axusta movementos ofensivos nunha mañá de baixa carga física

Como é habitual dous días antes de cada partido, o Deportivo rebaixou esta mañá en Abegondo a carga física.

Así, após un quecemento e uns rondos, Borja Jiménez dispuxo como tarefa principal un exercicio de movementos ofensivos con centros laterais e finalizacións.

Cun último ensaio defensivo, conscientes do potencial do rival, concluíu o traballo sobre o céspede.

A xornada arrancou na sala de vídeo, onde xogadores e técnicos estiveron reunidos por espazo de 30 minutos.

"As sensacións son moi boas. O equipo está con moitas ganas, con moita ilusión de que chegue o sábado. Con ganas de conseguir o que quere todo o mundo, o ascenso", admitía Jaime na sala de prensa de Abegondo nada máis concluír o adestramento de hoxe.

Víctor e Trilli estiveron á marxe do grupo; mentres que Noel, Yeremay, Alberto e Brais Val foron hoxe a representación de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres, o Dépor realizará un último ensaio a partir das 18:00 horas, xusto á hora do partido deste sábado 11 de xuño ante o Albacete Balompié (18:00, Go&Go TV) na gran final polo ascenso a Segunda División.