RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor axusta o punto de mira

O Dépor axustou o punto de mira de cara ao arranque da competición no grupo 1º de Segunda División B, subgrupo A, deste domingo en ABANCA-RIAZOR (19:00 horas) fronte ao Salamanca CF UDS.

Após un quecemento, os futbolistas realizaron un circuíto físico con finalizacións no campo 2. Os porteiros Carlos Abad, Lucho García e hoxe o fabrilista Alberto tiveron traballo.

A continuación, Fernando Vázquez dispuxo un partido con porterías pequenas, sen porteiro; e, para concluír, un partido a tres cuartas partes de campo.

Só Rui Costa estivo á marxe do grupo. O atacante portugués adestrouse co readaptador, Fran Molano. Héctor Hernández, cunha molestia nunha ingua, retirouse antes de finalizar a sesión. Os Servizos Médicos avaliarán nas próximas horas o estado do lateral zurdo deportivista.

Mañá venres, o equipo adestrarase de novo ás 10:30 en Abegondo.