RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor B volve chamarse oficialmente Fabril

A secretaría xeral da Real Federación Española de Fútbol aprobou hoxe a solicitude do Real Club Deportivo para que o equipo filial do Club pase a chamarse oficialmente Real Club Deportivo Fabril, nesta orde, segundo establece o regulamento vixente. Por tanto, desde esta Temporada 2017/2018, ante todos os organismos oficiais, a denominación de Deportivo B, esixida no seu día, desaparece, para recuperarse a esencia dun equipo con máis dun século de historia.

O Real Club Deportivo quixo, con esta acción, recoñecer o percorrido histórico dun Club centenario e oficializar unha denominación que xamais desapareceu do día a día do deportivismo.

O Fabril asinou o seu primeiro convenio de filiación co RC Deportivo a finais dos anos 40, converteuse oficialmente en conxunto filial en 1964 e desapareceu como Club para integrarse na estrutura do RC Deportivo en 1993. O Fabril é un club centenario, cuxos primeiros partidos se remontan a 1913 e a súa constitución prodúcese o 21 de febreiro de 1914.

Coñece aquí a historia completa do RC Deportivo Fabril