RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor baixa a intensidade cun adestramento de descarga

Como é habitual dous días antes de cada partido, o Deportivo rebaixou esta mañá a intensidade do adestramento.

Así, houbo xogos, rondos e estiramentos. Uns partidos de fut-voley, opcionais, puxeron o punto e final ao traballo sobre o céspede. No vestiario tocou ximnasio e masaxe. Algún futbolista, caso de Arribas ou Sidnei, realizaron toda a sesión sen saltar ao campo.

Mañá sábado, o equipo adestrarase en Abegondo ás 18:30. Ao finalizar, os convocados para #ONOSODERBI deste domingo 19 de marzo en Riazor (18:30, Bein Sports) concentraranse no Hotel Meliá María Pita.