RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor baixa o ritmo cunha mañá de recuperación

Despois do intenso día de onte, con adestramento matinal e partido vespertino en Luarca, o Dépor baixou o ritmo de traballo hoxe cunha mañá de recuperación.

Os futbolistas branquiazuis saltaron ao céspede para un circuíto físico preventivo, uns rondos e xogos dirixidos polo preparador físico Marcos Marcén.

Tiveron tarefas específicas David Simón, Koke Vegas, Pedro Sánchez e Diego Rolan, este tamén sobre o céspede co readaptador Fran Molano.

Mañá venres haberá dobre quenda de traballo, 10:00 e 18:30 horas, en Abegondo.