RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor Campus, este ano tamén nas Pontes

O Dépor Campus segue aumentando sedes para a súa edición 2017. A última en incorporarse é a das Pontes, grazas ao Concello das Pontes, a Deputación da Coruña e o CD As Pontes. As da Cidade Deportiva de O Poboado serán as instalacións nas que se desenvolverá o Dépor Campus As Pontes do 17 ao 21 de xullo de 2017 de 10:00 a 14:00 h.

Como no resto de sedes, poderán participar todos os nenos que teñan entre 6 e 14 anos. Nesta sede, gozarán de descontos especiais os xogadores do CD As Pontes e do concello pontés. Máis datos sobre o Dépor Campus As Pontes en: deporcampus.rcdeportivo.es/gl/aspontes-2017

Con esta nova sede xa son 9 as localidades das provincias da Coruña e Lugo que acollerán polo menos unha semana de Dépor Campus nos meses de xuño e xullo de 2017.

Toda a información sobre os Dépor Campus 2017 está dispoñible na páxina: deporcampus.rcdeportivo.es