RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"O Dépor chega coa faísca necesaria para afrontar esta recta final de campionato", asegura José Luis Martí

José Luis Martí manifestou esta mañá na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que o equipo "realizou durante a semana un gran traballo. Traballamos moi ben o partido. Témolo na cabeza".

É máis, subliña que o equipo "está nun bo momento. Chega coa faísca necesaria para afrontar esta recta final de campionato". O técnico deportivista insiste en que o Dépor "chega ben, confiado, sabendo que son moi bos futbolistas que a min mo están demostrando. Estamos con esa confianza necesaria para que a afección tamén o vexa e entre todos sexamos capaces de conseguir unha nova vitoria".

Sostén que o rival de mañá domingo 12 de maio en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, Movistar Partidazo), o Cádiz CF, "é un rival moi complicado". "Defende moi ben, non nos vai a permitir moito. Defende moi ben para atacar mellor. É unha das súas grandes virtudes, recuperar moitísimos balóns, de ter moita velocidade para saír en transicións rápidas", engade.

Por conseguinte, quere "ter moitísimo coidado coas perdas de balón, coas vixilancias, que o equipo estea preparado para transitar rapidamente. Non permitir ao rival saír á contra. Imos tentar non cometer perdas en zonas onde nos poida provocar transicións rápidas. E para iso o máis importante é ser capaces de finalizar as xogadas".

É consciente da importancia que ten o encontro "porque a marxe de erro é cada vez menos, e a importancia que cobra saber que se ti sumas o rival, que é un rival directo, non o vai a facer".

Tamén apunta que a afección xogará un papel "importantísimo, que nos leve polo aire cando falten as forzas. Vai haber momentos difíciles no partido porque así sucede en todos os partidos. Coa comuñón entre xogadores e afección ser capaces de dar a volta a eses momentos".

Preguntado polo proceso electoral no que está inmerso o Club, José Luis Martí indicou que "son situacións nas que nós non podemos facer nada. O único que quero é centrarme no meu, no que me corresponde, que é tentar transmitirlles aos xogadores que clase de partido ímonos a atopar, que é o que quero que fagan eles coa nosa identidade de xogo. E partir de aí ser capaces de superar ao rival".