RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Táctica e estratexia pechan unha xornada para o primeiro equipo de case 10 horas en Abegondo

O Deportivo completou un intenso día cun novo adestramento esta tarde no campo 2 de Abegondo, o segundo da xornada.

Así pois, os futbolistas, salvo unha breve paréntese ao mediodía para descansar nos seus domicilios, chegaron hoxe á Cidade Deportiva ás 9:00 horas e abandonárona pasadas as 19:00 horas. Entre medias houbo un almorzo e unha comida para todo o persoal nas instalacións habilitadas para tal fin.

Se pola mañá houbo tamén traballo físico cun circuíto de forza, pola tarde Natxo González dispuxo dunha tarefa táctica nun partido 11 contra 11 e, para concluír, repaso de accións a balón parado baixo a supervisión de Alejandro Esteve.

Só Pedro Sánchez exercitouse á marxe do grupo. O meta fabrilista *Álex Cobo, do mesmo xeito que pola mañá, tamén estivo pola tarde na disciplina do primeiro equipo.

Mañá xoves, o persoal está citada de novo ás 11:00 horas en Abegondo para o último adestramento na Cidade Deportiva antes do partido do sábado 12 de xaneiro en Son Moix ante o Real Mallorca (20:30 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).

Ao finalizar, Natxo González fará pública a lista de convocados para viaxar a Palma de Mallorca o venres 11 pola mañá.

O Dépor combina traballo físico e táctico na primeira das dúas sesións previstas para hoxe

O Deportivo, co meta fabrilista Álex Cobo incluído, combinou esta mañá o traballo físico e táctico na primeira das dúas sesións previstas para hoxe mércores 9 de xaneiro.

Así, o cadro arrancou a sesión cun traballo de forza nun dos campos de fútbol 7 da Cidade Deportiva. A continuación, Natxo González tomou as rendas para unha tarefa de finalizacións e un exercicio táctico no campo 2 para concluír.

Desta forma, o Dépor comeza a trazar o plan para o partido deste sábado 12 de xaneiro en Son Moix ante o Real Mallorca (20:30 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV), correspondente á 21ª xornada de LaLiga 1|2|3.

Adestrouse á marxe do grupo Pedro Sánchez, único futbolista tocado a día de hoxe.

Pola tarde, o Dépor volverá saltar ao céspede ás 16:30 horas.