RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor comeza a preparar con dobre quenda de adestramento o partido deste venres ante o Espanyol

O Deportivo comezou hoxe luns a preparar a visita do Espanyol ao Estadio ABANCA-RIAZOR, en partido da 25ª xornada de LaLiga Santander previsto para este venres 23 de febreiro ás 21:00 horas (Bein LaLiga).

Clarence Seedorf dispuxo de dobre quenda de adestramento. Pola mañá, o cadro comezou na sala de vídeo ás 11:45 horas.

Xa sobre o céspede, e antes de pasar ao traballo con balón nos campos 2 e 3, os futbolistas branquiazuis (salvo os porteiros), realizaron un test físico de resistencia.

Adestráronse á marxe Fede Valverde e Florin Andone, este cun traballo de recuperación entre o ximnasio e a padiola de masaxe.

Pola tarde, o equipo adestrarase de novo ás 17:30 horas na Cidade Deportiva.

Adestramento vespertino co cadro dividido en dous grupos

Clarence Seedorf dividiu ao seu cadro en dous grupos na sesión vespertina realizada esta tarde en Abegondo.

Os futbolistas que actuaron de inicio ante o Alavés realizaron só a primeira parte da sesión, no campo 2, consistente principalmente nun exercicio de posesión. Acto seguido continuaron con tarefas de recuperación no vestiario.

Para o resto do cadro houbo un partido de adestramento no campo 3, a porta pechada, ante un combinado de Fabril e Xuvenil A.

Adestráronse á marxe Florin Andone, Albentosa, este con un adestramento específico; e Fede Valverde.

Mañá martes, todo o cadro adestrarase de novo en Abegondo ás 17:00 horas. Pola mañá, ás 11:30 horas, están citados unicamente para un adestramento táctico a porta pechada estes xogadores: Sidnei, Muntari, Albentosa, Gerard Valentín, Emre Çolak, Juanfran e Bóveda.

Antes, ás 10:45 horas, Raúl Albentosa comparecerá en rolda de prensa.